22 jul 2013

COMPOSTELA

É unha rúa longa
na memoria
onde vagan os nomes
e as horas
que cada quen recorda…

Tempo de eternidade nas sombras
case vougas
a caír polas días
e as cousas
maino como unha choiva.

No libro da vida van as follas
anónimas
pasando sobre do atril
das lousas
sin que un se dea conta.

E as lembranzas mesmo como as ondas
xurden soltas
dende o fondo de nós
e todas
fan un mar que se alonxa…
como esa noite que eu vou guiando sempre,
que é miña,
i entonces, pensamento,
nelas irás coroado coma un deus.

— Tempo de Compostela, Luz Pozo Garza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario